lunes, 10 de mayo de 2010

REMATOU O CAMPIONATO DE FUTBOL SALA

Rematou o campionato de fútbol sala que este ano tivo como finalistas aos equipos de PORTO CELEIRO e CRISIS. Logo dunha primeira parte moi igualada o resultado final proclamou campión ao PORTO CELEIRO.
Os rapaces do primeiro ciclo tamén teñen o seu campionato que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas.
lunes, 26 de abril de 2010

CAMPIONATO DE FUTBOL SALA

Mañá martes, día 27 de Abril e o mércores, 28, xogaranse as semifinais do campionato de fútbol sala do IES MARIA SARMIENTO.
Este ano, hai que dicir, a participación non foi moi numerosa e, algúns dos equipos, non teñen moi claro o que é participar nunha competición, pois en canto non lles interesa (normalmente porque perden) xa deixan de vir arbitrar ou mesmo de xogar.
O vindeiro ano, de se celebrar este tradicional campionato, hai moitas cousas que cambiar. Creo que todos tedes que saber que cando nos apuntamos a algunha actividade é con todas as consecuencias. E se non somos que de aceptalas, mellor non nos apuntamos.
En fin, de todos os xeitos, hai que felicitar a todos aqueles equipos que contribuíron co seu bo facer a que a liga siga para diante.
viernes, 26 de marzo de 2010

O IES MARIA SARMIENTO CON A PINGUELA

Bueno, bueno, bueno, ¡cómo lo pasamos ayer! ¡qué nos fuimos a Monforte a ver la COPA DE LA REINA DE VOLEIBOL! ¡CÓMO JUEGAN ESTAS CHICAS! ¡y qué simpáticas! IMPRESIONANTE, ganaron 3-0 al OXIDOC Palma que en tercer set dieron guerra...
Nos gusta este deporte, ... ¡SUERTE PINGUELA!

miércoles, 24 de febrero de 2010

Calendario EF