lunes, 26 de abril de 2010

CAMPIONATO DE FUTBOL SALA

Mañá martes, día 27 de Abril e o mércores, 28, xogaranse as semifinais do campionato de fútbol sala do IES MARIA SARMIENTO.
Este ano, hai que dicir, a participación non foi moi numerosa e, algúns dos equipos, non teñen moi claro o que é participar nunha competición, pois en canto non lles interesa (normalmente porque perden) xa deixan de vir arbitrar ou mesmo de xogar.
O vindeiro ano, de se celebrar este tradicional campionato, hai moitas cousas que cambiar. Creo que todos tedes que saber que cando nos apuntamos a algunha actividade é con todas as consecuencias. E se non somos que de aceptalas, mellor non nos apuntamos.
En fin, de todos os xeitos, hai que felicitar a todos aqueles equipos que contribuíron co seu bo facer a que a liga siga para diante.

0 comentarios:

Publicar un comentario